Skip to main content

Notas

  • O 20 de agosto, cadrando coa data do pasamento de Avelino Pousa Antelo, na Casa do Concello de Teo (A Coruña), no auditorio Constante Liste, ás 12:00 horas, a Irmandade Avelino Pousa, xunto coa Irmandade Manuel María e a AC Xermolos, farán recoñecemento do VIII Caxado de Avelino ás irmás Marica e Tereixa Campo, pola íntima afectividade, amizade e lealdade a Avelino Pousa Antelo. Este recoñecemento cada ano baséase precisamente na valoración de afecto, relación limpa e lealdade á persoa de AVELINO POUSA.
  • O Colectivo Egeria vén de desenvolver a exposición-homenaxe a Suso Fernández ou Suso do Bahía, Fillo Predilecto do Concello de Foz, onde tamén foi Cronista oficial e destacado activista cultural, social e informativo. Esta mostra foi presentada o pasado xoves no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), en Foz, nun acto no que particiaron o homenaxeado, o alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz, ademais dun grupo de amigos e familiares de Suso Fernández.
  • O concepto de bioseguridade fai referencia a toda unha serie de normas e medidas dirixidas a protexer ás persoas dos riscos biolóxicos, químicos ou físicos aos que poidan estar expostas no desenvolvemento das súas funcións profesionais, algo que ata hai pouco parecía cinguirse a ámbitos moi específicos.
  • Mañá, sábado, vaise celebrar en Bazar (Castro de Rei) un dobre acto conmemorativo dos cincuenta anos do Teleclub, hoxe Centro Cultural Ignacio Rey Stolle, e o centenario da construción da igrexa parroquial. Así mesmo vai ser presentada a web teleclubdebazar.org, confeccionada por Galicia Digital e patrocinada polo Concello de Castro de Rei.
  • A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañou este xoves á primeira quenda de rapaces ao campamento xuvenil da Illa de Ons, onde desfrutarán de oito días de actividades e convivencia. A Xunta ven de iniciar a campaña estival 2021 que, a través de campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado ofrecen ás mozas e mozos "un verán para recordar".
  • O programa Tech Kids ten como obxectivo identificar e desenvolver o talento dixital e fomentar o interese pola tecnoloxía e a ciencia entre a infancia e a mocidade galegas. Estruturarase arredor de tres eixos: Encontros con profesionais TIC, Mática e Ciberseguranza-Kids. A través dos encontros con profesionais TIC, nen@s de 6 a 18 anos poderán interactuar cun experto en temáticas como laboración de personaxes 3D, creación de videoxogos, robótica, intelixencia artificial, impresión 3D ou industria 4.0.
  • Con dirección e dramaturxia da propia AveLina Pérez, interpretación compartida xunto a Daniel Casquero, composición musical de Ramón Raíndo, iluminación a cargo de Pedro Fresneda e montaxe de vídeo de Jesús Andrés Tejada, a nova proposta preséntase como un encontro arredor da vulnerabilidade 'en contraste con todo iso que nos queren facer crer que é vivir', segundo expresa a súa autora.
  • Este programa enmarcado dentro das celebracións do Xacobeo 21-22 leva a poesía e o cinema a cinco vilas galegas emblemáticas do Camiño Portugués: Iria Flavia, Redondela, Pontecesures, Cesantes e Tui. Deste xeito, a arte tamén percorrerá durante cinco etapas o Camiño de Santiago, achegando a súa maxia a habitantes e peregrinos para que coñezan a poetas galegas, así coma filmes nos que o Camiño é o protagonista.
  • O mes de xullo arrancará coa inauguración da 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC), que encherá de teatro a vila ao longo de dez días. Entre o 1 e o 10 de xullo, Cangas será escenario de máis de 20 espectáculos co obxectivo de que veciños e visitantes poidan gozar do mellor teatro cómico feito dentro e fóra de Galicia.
  • Tivo lugar en Sarria o acto de presentación do libro-catálogo da exposición Aquela nena de Sarria, homenaxe a Xela Arias -autora á que a Real Academia Galega lle dedicou este 17 de maio- incluída no proxecto homónimo que tamén contén o espazo web monográfico aquelanenadesarria.gal e que desenvolve desde marzo o Colectivo Egeria co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.