Skip to main content

Notas

  • Convertidas, como sinalan desde a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), nunha “cita ineludible co eido medioambiental galego”, as Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade celebrarán neste 2020 a súa cuarta edición nas súas datas habituais, na última fin de semana de novembro. Mais a situación sanitaria provocada pola covid-19 obriga a trasladar este evento ao Campus Remoto da UVigo.
  • É o primeiro clúster de medio ambiente en Galicia nun sector cunha cifra de negocio de aproximadamente dous mil millóns de euros e en cuxo despegue participan 55 empresas e entidades. Viratec busca ser un referente no desenvolvemento e implementación de tecnoloxías, procesos e solucións ambientais, para incrementar a capacidade tecnolóxica, de innovación e competitividade das empresas galegas do sector.
  • A próxima cita do programa de poesía do Concello da Coruña chega este luns, mais adiantará media hora o seu horario habitual por mor das actuais restricións, e o limitado aforo cubrirase por orde de chegada ao Auditorio do Centro Ágora. Ademais, o evento poderá seguirse por streaming dende a web das Bibliotecas Municipais da Coruña. Os convidados desta sesión do noveno Ciclo POETAS DI(N)VERSOS serán Ángelo Néstore e Ismael Ramos.
  • Expourense, coa colaboración do Clúster da Comunicación de Galicia, celebrou unha edición especial do seu Foro da Comunicación de Galicia centrado en analizar cómo a pandemia ten influido na comunicación corporativa e nas relacións informativas entre institucións, empresas, gabinetes, medios de comunicación e cidadanía. Esta actividade, que se celebrou en formato híbrido, congregou a máis de 200 asistentes desde distintas partes de España ou desde as instalacións de Expourense.
  • Con motivo da celebración do Día do Patrimonio máis de cen entidades mobilizaranse na rede para dar visibilidade ó seu compromiso co patrimonio galego. Dende o ano 2017 as entidades adheridas á Rede do Patrimonio enchen o mapa de Galicia con actividades, roteiros, conferencias, visitas guiadas e moitas outras actividades. A situación sanitaria actual tamén implica un cambio no xeito de celebrar esta data.
  • Un ano máis a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! organiza obradoiros de radio nas escolas e institutos galegos e portugueses. Sendo fieis á súa traxectoria de difusión da radio nos centros escolares como recurso pedagóxico de achegamento aos medios de comunicación, estamos realizando talleres para ensinar e motivar ao alumnado co mundo radiofónico.
  • Contarán coa achega económica das Áreas de Cultura do Concello de Vilalba e da Deputación Provincial de Lugo, e a colaboración divulgadora da web Culturalia GZ. Este libro nace co motivo da conmemoración anual do 25 de Novembro coma Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller. Unha antoloxía que amosará desde unha vertente poética e crítica a visión particular de 25 artistas da palabra e da imaxe arredor do 25 N.
  • A Fundación Juana de Vega entregou o Premio de Intervencións na Paisaxe na categoría de intervencións privadas no patrimonio construído e a súa contorna, para é recoñecer os proxectos que recuperen o patrimonio construído e poñan en valor o medio que os rodea. Tivéronse en conta a posta en valor dos elementos construídos, a integración na contorna, a incorporación de criterios de sostibilidade, e a economía no uso dos materiais.
  • Tras a interrupción de marzo por mor da declaración do estado de alarma, o Festival Atlántica vén de anunciar a continuación da súa oitava edición, que se vai celebrar entre novembro e decembro. A presentación tivo lugar este xoves, 29 de outubro, nunha rolda de prensa na que participaron Mercedes Rosón Ferreiro, primeira tenente de alcalde e concelleira Responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela; e Soledad Felloza, directora do Festival Atlántica.
  • A rede interdisciplinaria NOR-WATER acaba de ver a luz para constituír un foro de colaboración público-privado sobre contaminantes emerxentes na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O obxectivo é que esta iniciativa permita o intercambio de coñecementos, a identificación de necesidades e prioridades, e avanzar nas capacidades de detección, control e mitigación deste tipo de contaminantes e do seu impacto nos ecosistemas e na saúde pública.