Skip to main content

Notas

  • “Mulleres de Seu” é unha asociación impulsada en 2013 pola cooperativa agrogandeira CLUN para fomentar a visibilidade, o empoderamento e o desenvolvemento profesional e persoal das mulleres no rural. É un grupo interxeracional de mulleres gandeiras, integrado por socias de CLUN que viven e traballan en zonas rurais dos concellos de Ames, Ribadeo e Melide.
  • 4.162 espectadores viron algunha das 135 películas proxectadas na Semana de Cine de Lugo 2023, ou das facilitadas a Aspnais e aos centros penitenciarios de Monterroso, Bonxe e Teixeiro. 3.043 destes asistentes foron ás diversas sesións celebradas no Auditorio de Lugo, 769 nas outras salas da capital, e o resto en Aspnais e nos centros penitenciarios.
  • Comezando a campaña (Re)Coñecer, promovida pola Rede Museística provincial de Lugo, está aberta na sala de exposicións da Deputación de Lugo a mostra de dúas coñecidas artistas lucenses, Concetta e Luisa Paz Montenegro. Na inauguración da mostra participaron a Deputada de Cultura, Iria Castro; a directora do Museo provincial, Aurelia Balseiro, e a Xerente da Rede, Encaarna Lago.
  • O CITIC da UDC recibiu o 11º premio Miguel Blanco da FEGADACE polo seu compromiso cos dereitos e a inclusión social así como o exercicio dunha vida plena e autónoma por parte do colectivo con dano cerebral adquirido. No acto de entrega, que tivo lugar na Cidade da Cultura no marco da II Xuntanza do Movemento Asociativo do Dano Cerebral, estiveron por parte do CITIC, o seu director, Manuel F. González, e os investigadores Thais Pousada e Manuel Lagos.
  • A Xunta ten aberto o prazo para solicitar praza bonificada en residencia de estudos o vindeiro curso 2023-24 nos centros residenciais docentes da Coruña ( Concello de Culleredo), Ourense e Vigo, unha convocatoria dirixida a estudantes de ensino posobrigatorio (principalmente de Bacharelato e de Formación Profesional).
  • A que fora grande xornalista do século XX en Europa, cronista para o diario ABC de grandes acontecementos históricos desde Polonia como a Rusia dos Zares, a Revolución soviética, as dúas Guerras Mundiais ou o Stalinismo, Sofia Casanova Lutoslawski (A Coruña, 1861 – Poznan, 1958), será obxecto dunha sesión monográfica este xoves 22 de xuño, a partir das 14.30 horas, no Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG) (Rúa Nova, 9) en Santiago.
  • Neste primeiro semestre de ano 2023, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade estase a apreciar un descenso no número de ofertas de traballo lanzadas polas empresas galegas para a contratación de persoas, o que desencadea unha baixada no número de insercións con respecto ao ano anterior.
  • No ano 2002, con motivo da celebración da 8ª edición de Ponte...nas ondas! Francisco Fernández del Riego foi convidado a participar na xornada de comunicación interescolar. Don Paco coñeceu de primeira man o que se estaba a facer desde Ponte...nas ondas! , coa súa sabedoría diagnosticou este labor como “sen precedentes” e albiscou un futuro prometedor para a experiencia.
  • Galicia alberga un total de 1.145 cooperativas e 656 sociedades laborais activas. Ademais, existen 117 Centros Especiais de Emprego, 13 Empresas de Inserción Laboral, 4 mutuas e mutualidades, 35 confrarías de pescadores, 1.072 sociedades agrarias de transformación e 3.013 comunidades de montes veciñais en man común. Todas elas, conforman a instantánea das entidades de mercado da Economía Social Galega, segundo o Informe da Economía Social en Galicia 2021, dirixido pola profesora da USC Maite Cancelo.
  • Este venres o Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela inaugurará oficialmente as novas instalacións de Aspnais no edificio do antigo Hospital de San José, cedido á Asociación de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual pola Deputación Provincial de Lugo. Hai algo máis de dous anos que Aspnais ocupa o edificio, no que se efectuaron moi importantes obras de renovación interior e acondicionamento.